Preguntas frecuentes

  • A palabra “eudaimonia” foi traducida a miúdo como “florecemento” e refírese a unha felicidade plena e cargada de sentido. Vén do grego “eu” (bo) e “daimon” (espíritu) e está relacionada coa virtude, o alcance do equilibrio persoal e os valores. Máis alá do simple placer, a eudaimonia é un tipo de felicidade cargada de plenitude, sentido e autocoñecemento.

  • A primeira consulta es la toma contacto inicial entre terapeuta e usuario co obxetivo de establecer unha relación de axuda e colaboración. Como terapeuta fareiche preguntas de cara a comprender a túa situación, as dificultades polas que estás pasando e o teu contexto persoal. Como usuario, además de compartir comigo as túas preocupacións poderás facerme preguntas sobre o meu método de traballo e estableceremos un plan terapéutico axustado ao teu caso.

  • A terapia psicolóxica non é a única ferramenta coa que transitar o camiño da saúde mental, pero si é unha das máis completas. Coa guía e apoio do terapeuta poderás explorar temas difíciles, coñecerte mellor, sandar feridas que aínda doen e construir unha vida plena e satisfactoria.

    O espazo terapéutico é un espazo seguro e adicado a ti, na máis estricta confidencialidade. É un espazo libre de xuizos de valor, onde contar, enfrontar e reescribir a túa historia.

    Durante a terapia aprenderás técnicas e también aprenderás como funcionan a túa mente e o teu corpo para poder acompañarte o mellor posible nos distintos retos aos que te enfrontes.

    Sobre todo, podes esperar da terapia unha visión empática, profunda e práctica dos problemas, ata que chegue o día no que te vexas con forzas de camiñar só/a.

  • Utilizo un método de traballo holístico e integrador, vendo ás persoas como un “todo” complexo. Durante o proceso utilizaremos técnicas cognitivo-conductuales, técnicas de terceira xeración (terapia dialéctica, terapia ACT, mindfulness), técnicas de procesamento do trauma (EMDR, escritura terapéutica) e moitos outros recursos de corte humanista e experiencial. Exploraremos os teus propios recursos e os do teu contexto persoal, evaluando en cada momento as áreas a traballar.

  • As sesiones individuais teñen un custo de 60€ e duran 1 hora.

    As sesións de terapia de parella teñen un custo de 75€ e duran 90 minutos.

    No caso da terapia a domicilio existe un custo extra por desprazamento:

    • Ata 7km á redonda de Rianxo centro: +5€

    • Dende 7km á redonda de Rianxo centro: +10€