Alba Souto Rodríguez.
Número de colexiada: G-7692
Nada en Oroso en 1994, inda que dende ben pequena considérome filla adoptiva do Barbanza.
Son Psicóloga Sanitaria, graduada pola UNED en 2023 para cursar posteriormente o Máster General Sanitario e o Curso de Experto en EMDR na UNIR.
Investiguei no campo da prevención do suicidio e estou formada en terapias de terceira xeración e trauma. Pero, además de psicóloga, también fun usuaria de terapia e comprendo ben as dúbidas, medos e incertidumes aos que se enfrontan as persoas que deciden finalmente buscar axuda psicolóxica.
O meu enfoque
Defendo un enfoque holístico, integrador e humanista. O proceso terapéutico parte de ver á persoa de maneira global, comprendendo o seu contexto presente e pasado, a súa identidade e valores, e analizando os seus hábitos e fortalezas.
Na terapia, o psicólogo é un experto na mente e comportamento humanos, mentras que o usuario é un experto en si mesmo: as suas vivencias, a súa identidade, as súas emocións.
O obxetivo é que logres coñecerte, comprenderte e aceptarte, que poidas tomar decisións alineadas cos teus valores, que poidas desenvolver resiliencia e flexibilidade para construir unha vida plena e cargada de sentido.